Inscríbete!

Ponte en contacto con nós, achégate a un adestramento ou acude ás nosas Xornadas de Portas Abertas, solicita unha folla de inscrición e apúntate ao BBCA!

CUOTAS, PRAZOS E FORMA DE PAGO

CUOTAS TEMPADA 2024 – 2025

Escola Nate Davis

*30€

2 días á semana
con adestramentos de
1h30min cada día.

CANASTA PEQUENA

*37€

3 días á semana
con adestramentos de
1h30min cada día.

CANASTA GRANDE

*42€

3 días á semana
con adestramentos de
1h30min cada día.

CAtegoría Junior

*45€

3 días á semana
con adestramentos de
1h30min cada día.

* Descontos por irmáns no Club: 1 irmán -10%, 2 irmáns -15%, + de 2 irmáns -20%.

Un total de 10 cuotas anuais por tempada (de Septembro a Xuño).
Os cobros, realizaranse na Oficina do Club, situada na Casa do Deporte ou mediante Domiciliación Bancaria.
Ao comezo da tempada cóbranse 2 meses, os correspondentes a Setembro do ano presente e Xuño do ano seguinte.

Condicións Xerais

  1. A inscrición deberá formalizarse antes do 31 de outubro. A partir desta data analizaranse todas as peticións de inscrición e decidirase en función do criterio técnico. É vontade do cadro técnico e Coordinador Deportivo, tentar que os equipos queden formados co número adecuado de xogadores e xogadoras, por ese motivo adoptarase a mellor decisión en cada caso polo ben do equipo, do Club e dos seus integrantes, poidendo quedarse sen praza se o número de xogadores é moi alto e o club non pode dar o seu servizo con garantías.
  2. As actividades comezarán no mes de setembro e rematarán a finais de xuño. Algúns equipos e xogadores, en función do inicio de competición oficial, poderán ser convocados no mes de agosto.
  3. En caso de baixa voluntaria da xogadora ou xogador, deberán comunicao cun mes de antelación.
  4. Todo xogador ou xogadora inscrita no Baloncesto Base Costa Ártabra, e por tutoría da súa familia, deberá participar en todos os sorteos, rifas, promocións e demais eventos que propoña a Directiva do Club.
  5. A xogadora ou xogador debe asistir aos partidos coa uniformidade do Club (chándal oficial, bolsa oficial…). Será responsabilidade súa acudir con todo o equipo necesario para a competición deportiva.
  6. Será obriga da familia ter sempre unha actitude positiva nos partidos (independentemente do seu resultado) e actos organizados polo Club, así como animar e apoiar ao equipo sen protestas, insultos ou desaprobacións á actitude de árbitros ou xogadores, adestradores ou seguidores (propios ou rivais).
  7. Os familiares non poderán permanecer nas instalacións durante os adestramentos.
  8. En todo momento deberán aceptarse as decisións técnicas e disciplinarias do adestrador ou adestradora.
  9. Calquera suxerencia, comentario ou outros problemas que ocorran ao longo da tempada deberán ser transmitidos ao adestrador de cada equipo, o cal os trasladará á persoa responsable aplicando a mellor solución en cada momento de acordo co regulamento interno do Club.