Amizade, Esforzo, Respecto, Emoción e Diversión.
O Club Baloncesto Costa Ártabra conta con máis de 20 equipos federados e máis de 280 xogadores e xogadoras. Nacido en 2016, tras a unión do CDR Ferrol (fundado en 1996) e o Baloncesto Base Costa Ártabra (2015), co obxectivo de recuperar o baloncesto na cidade de Ferrol, é un club cunha clara orientación cara ás categorías formativas.
Contamos cun Primeiro Equipo Sénior Masculino en Primeira Naciónal e un Primeiro Equipo Sénior Feminino en Primeira Autonómica, un ou máis de un equipo por cada categoría masculina e feminina, e unha Escola de Baloncesto para os mais pequenos .
O Club Baloncesto Costa Ártabra conta con mais dunha ducia de adestradores e adestradoras de baloncesto titulados que se encargan, en primeiro lugar, de educar e, de xeito secundario pero igualmente importante, de ensinar a xogar ao baloncesto. Destacámonos do resto de clubs por marcar a infancia e disfrute dos nenos e nenas. Buscamos, ademais de competir e mellorar, pasalo ben e facer que lembren a súa etapa neste Club como algo moi especial, é por iso que realizamos infinidade de actividades para ser como unha segunda familia. Excursións, torneos amigables, fóra e dentro de Ferrol, actividades extra deportivas, convivencias…
Ademais do estritamente deportivo, o Club Baloncesto Costa Ártabra quere ser un referente a nivel social. Quere darlle á sociedade o que recibe continuamente de todos os afeccionados e afeccionadas ao baloncesto. Por iso, dende a súa aparición como Club vén desenvolvendo un TRABALLO SOCIAL que cada tempada cobra maior protagonismo.
A Directiva